Autónomos na rúa
Rutas, clientes, orzamentos e facturación sen perder o fío. Pensado con quen sobe andamios e baixa facturas o mesmo día.
B2B Hub Solutions S.L.
Nacemos dunha necesidade clara: dotar de ferramentas informáticas aos profesionais de pé, os grandes esquecidos polas grandes empresas tecnolóxicas.
Queremos democratizar a tecnoloxía con cousas prácticas, sinxelas e úteis. A vida xa é demasiado complicada —sobre todo para o autónomo e o pequeno empresario— e queremos que sexa un pouco máis levadeira.
Por que existimos
Desenvolvemos tecnoloxía para quen traballa na rúa. Buscamos a liberación do papeleo, a esperanza dun modelo sostible e a calma de ferramentas claras que facilitan o día a día de autónomos e pequenos negocios.
As tardes volverán a ser túas
Menos fricción administrativa. Máis tempo para o teu oficio e para ti.
Cremos nun modelo sostible que medra coa confianza de quen o usa cada día.
Interfaces claras, sen ruído. Porque a facilidade non está reñida coa elegancia.
Primeiro produto
Orientado a todo tipo de profesionais independentes, comezando por quen vive do sector da limpeza: limpeza de cristais sobre todo, pero útil para todo o gremio.
Orzamentos e facturas impecables enviados ao instante, desde o móbil.
simplifica o papeleo para que a túa xornada remate cando gardas as ferramentas.
Rutas, clientes, orzamentos e facturación sen perder o fío. Pensado con quen sobe andamios e baixa facturas o mesmo día.
Control e xustificante dos traballos no cliente final. Menos complicacións, máis paz no día a día.
Pintores, repartidores, pequenos comercios…
irá medrando cara a outras ramas, sempre sinxelo e elegante.
Proxectos e futuro
Traballamos na rúa con profesionais doutras ramas, vemos as súas necesidades de primeira man e estamos convencidos de que podemos facerlles a vida un pouco máis fácil.
Comezamos polo esencial —non queremos quedar no básico—, pero xa estamos deseñando novas funcionalidades coa mesma filosofía: útil, bonito e sen adornos baleiros.
A túa voz conta
Estamos abertos a suxestións. Facemos enquisas periódicas aos nosos clientes porque o máis importante é que a ferramenta que desenvolvamos sexa realmente útil.
Se ves un punto a mellorar, escoitámoste. Tentaremos facelo. Non prometemos mil cousas: prometemos atención honesta.
Non atopas nada que encaixe co teu día a día porque non existe para o teu sector? Dínolo. Quizais poidamos echarte unha man.
Escríbenos a info@b2bhubsolutions.com ou usa o formulario de acceso prioritario na home.
A nosa ambición
Non aspiramos a competir cos xigantes. Queremos axudar a medrar os pequenos.
Queres medrar connosco?
Sen filigranas nin cousas innecesarias, pero sen renunciar á estética.
Recibe información exclusiva sobre o lanzamento de
.